miércoles, 17 de diciembre de 2014
IDADE
Cumprir anos, sempre é bo, non?
Para os que somos novos suponse que si, e sobre todo mentres non chegan os 18, ese número que nos fai maiores de idade, pero que non nos converte en adultos. Hai xente que madura antes, e hai outra que lle fan falta ainda un par de aniños máis para facelo.
A cabeza das persoas, unha por unha, son todas diferentes. Algunhas aseméllanse, pero non hai dúas iguais. E é por iso mesmo, polo que cada un é como é, e fai o que cre convinte para si, sen importar o que os demais digan, ainda que é importante recoñecer os erros.
martes, 25 de noviembre de 2014
PETICIÓNS
Alguén me pedíu que escribise sobre algo importante que me sucedera durante estes últimos meses.
Importantes son todos os días, sempre hai algo que debemos recordar de cada un destes pequenos fragmentos do ano, da igual o que sexa, unha petición, unha negación, amor, tristeza; porque todo é importante, e dos feitos que nos acontecen baséase a nosa vida.
Por iso temos que desfrutar cada día coma se fose o último, e estaredes cheos e ler, ver e escoitar iso, pero hoxe síntome motivado para dicilo de verdade. E o día que sexa o último, debemos deixar pegada en todos nos que desexamos, para que nos recorden, e nós tamén os recordemos dende a tumba.
jueves, 13 de noviembre de 2014
PARTITURAS
Algunha vez vos parastes a pensar, como sería a vida sen música, sen ese fermoso son que non alegrase os momentos, e sen nada que tararear ou berrar cando estamos na ducha.
A verdade resulta difícil imaxinarse unha vida sen música, xa que hai unha canción para cada momento, e un momento para cada canción, poderiamos vivir falando só con letras de cancións, xa que as cancións sen letra, na miña opinión, non expresan moita cousa.
É penso que ainda é mellor non ter un gusto musical específico por un xénero, porque dependendo do noso ánimo momentaneo podemos preferir unha canción ou outra.
Asique sexamos felices coa música, e se non nos gusta, sempre podemos inventar nos a nosa propia.
martes, 28 de octubre de 2014
PARASITO SOCIAL
Xa levo un mes, no que a miña vida social cambiou drasticamente a como era o ano pasado.
O principal problema, penso eu que é o horario, xa que entro ás 15:00 e saio ás 21:30. E como o resto da xente ten clase pola mañá, e eu pola tarde, fai imposible que poidamos quedar durante a semana, nin ir de cañas os venres, nin nada. O único que nos queda son os fins de semán, que os aproveitamos todo o que podemos para falar do acontecido durante a semana.
Dos novos compañeiros en Santiago non teño queixa, polo menos de nove, dos quince que somos na clase. Xa estamos separados en dous grupos, e no que estou eu todos opinamos o mesmo sobre o resto, asique penso que somos un grupo que podemos funcionar ben.
En canto poida, contareivos máis cousas.
miércoles, 15 de octubre de 2014
IBIZA
A marabillosa paisaxe mediterránea das illas Baleares. Algo que nunca vira, pero que espero volver e disfrutar do entorno.
E a parte, o mellor da viaxe foi a compaña, xa que o grupo de baile, instrumental e pandereteiras, somos todos un, e cando estamos todos xuntos non hai nada mellor; tanto dentro coma fóra do escenario.
Por outro lado, está o cambio de clima, alí en toda a estancia, non baixamos dos 20 graos, e auga do mar está, comparada coa de aquí, coma o caldo. É un auténtico paraiso.
Pero se hai algo alí, que se podería dicir que é o peor de todo, son os prezos, xa que algunhas cousas chegan a rebasar o triplo do que custan aquí, pero por iso é un lugar para ir de vacación e non para vivir alí; porque para alguén coma min, aquilo é unha ruino.
Ao fin e ao cabo, foi unha boa viaxe, que espero repetir da man dos mellores, porque son todos moi GRANDES!!
martes, 7 de octubre de 2014
ILUSIÓNS
Por petición propia dun anónimo na rede social Ask, hoxe escribirei do meu soño, que espero que o poida cumprir.
Como algúns ben saben, son rally aficionado, e que alguén vaia aos rallys, non significa que vaia só polos coches. Porque nesas competicións sempre hai un bo ambiente, e todos os que asistimos imos polo mesmo motivo: pasar un bo momento, en boa compañía, mentres de desfruta da velocidade, trompos, e desgraciadamente volcos, dos coches.
E o meu soño, como o de outra moita xente, é algún día poder estar aí no medio, competindo. Pero este deporte ten algo moi negativo, e é que o seu custo está ao alcance de poucos. Por iso a maioría dos corredores, ou teñen grandes empresas de construcción, ou teñen talleres.
Pero bueno, soñar e libre, non?
domingo, 21 de septiembre de 2014
SOIDADE
Na vida chega un momento no que te acabas separando dos teus compañeiros de sempre, e o meu momento chegou.
Este ano, por motivos de estudo, tiven que marchar para outro instituto, lonxe de onde están o resto, e creedeme, é unha gran putada. Só podemos quedar os fins de semana, e para iso, cando estamos todos, se non xa nada. Ter que deixar aos amigos de sempre, por mor dos estudos, debería estar prohibido.
Pero a vida é así de dura, e haise que habituar. É o que hai.
PD: o porque de que tardei tanto en volver escribir e que cos novos horarios non teño moito tempo
lunes, 8 de septiembre de 2014
A FIN
Achégase o que todos tememos, o que ningúen quere... a fin do verán.
Si, isto é algo que pasa todos os anos, todos estamos decaídos, desganados, incluso se podería dicir que tristes, polo remate do verán. Porque cada verán é mellor que o anterior, ou polo menos debería, exceptuando aos que temos que estudar. Pero iso é un asunto a parte, porque o importante do verán é descansar, quedar cos amigos, ir de festa, pasalo ben. Porque niso consiste a adolescencia. Non?
Oxalá fose así a verdade, pero non podemos vivir nun conto de fadas, porque vivir nunha mentira é o peor!!! Pero o que hai que pensar é que despois dun duro e cru inverno, outro verán chegará con enerxías renovadas, con novos amigos, divertimentos, etc, etc.
E agora, a afrontar con moito ánimo o novo curso, que ao fin e ao cabo, logo pasa.
viernes, 29 de agosto de 2014
FOLCLORE
Moita xente burlase del, moita xente rise da xente que está metida no mundo do folclore, e, sen embargo, moita xente sinte un amor profundo polo folclore. Porque non é só bailar. Hai moitas manerias.
Eu metinme neste mundo con 4 anos, e comecei bailando. E durante eses 12 anos que estiven bailando, os últimos 5, foron os mellores. Porque comecei a facer algo que me gustaba desfrutando enriba do escenario cos compañeiros. Viaxei por gran parte de España, e tamén por fora dela, e non hai palabras para describir o que se sinte nesas viaxes.
Pero por mor dos meus xeonllos, o pasado mes de xaneiro tiven que deixar a miña actividade deportiva, e, entre elas, o baile. Pero por amor a este mundo como é o folclore galego, metinme no corpo instrumental, e comecei cun instrumento que marca o ritmo; o bombo. Moitos e moitas diredes que o bombo é facilísimo de tocar, e ainda que eu considero que é máis fácil que a gaita, o tambor ou o acordeón, tamén ten a súa complicación.
Para aqueles que se queiran integrar, só dicirlles que nunca é tarde para empezar. E hai que aproveitar ben o tempo.
martes, 26 de agosto de 2014
AGOBIO
Estanse a achegar eses días do ano, nos que moitos estudantes pendemos dun fío. E si, estou a falar dos exames de recuperación de setembro.
Moitos de nós imos porque durante o curso non nos deu a gaña de estudar, e falo por min, que se quixese e non fose tan vago, tería todo aprobado. Pero as ganas de traballar non son moitas e por iso estamos así, estes días, nos que a cabeza se nos volve tola completamente; nos que mezclamos todo e todo nos sae mal. Pero unha vez chegado o día, as cousas non saen tan mal, ou isto é o que soe ocorrer, xa que hai algúns que suspendemos igual. Ainda que iso é cousa propia de cada un. Cada un fai o que quere, o que pode, ou o que lle deixan.
Se todo vai ben, dentro de 8 días exactos estaremos libres, con moitos remordementos de conciencia por como saíron as probas, pero ao fin libres de libros; ainda que só sexa durante 15 días.
lunes, 18 de agosto de 2014
A DISTANCIA
Nisto que coñeces a alguén, coa que conxenias á perfección, e che gustaría estar con ela todo o tempo posible, e resulta que vive a máis de 700km.
Pensas, que todo isto, a vida, de que vale? Se para unha das poucas veces que coñeces a alguén é probable que non nos volvamos ver, cousa que espero que non pase!!!
Porque esa persoa ten algo que o resto non ten, que che aporta confianza, que ela tamén sente algo por ti. De que vale todo o demais entón??
martes, 12 de agosto de 2014
NENEZ
Respecto ao que ultimamente se estivo dicindo sobre min, e refírome ao de chamarme pederasta, cheguei á conclusión, de que tiñan razón, e de que as rapazas, para alguén de case 17 anos coma min, que teñan menos de 15 anos, non valen a pena.
E digo isto, porque o experimentei, e deime conta dun abismo de madurez que hai. E si, faime comprender o inútil que era antes, un nivel ainda maior que o de agora se é posible. E si, deime conta eu soiño.
Agora que me dei conta disto, pois haberá que mirar novas expectativas, ainda que creo que atopei unha definitiva.
jueves, 7 de agosto de 2014
MEDO Á COÑECERSE
Levo observando durante un par de meses, que a xente ten medo de coñecer a outras persoar, e non polas redes sociais, porque por ahí todo o mundo é moi valente. Pero cando alguén che presenta a unha persoa así en vivo e en directo, a cousa cambia. E resulta que ao que máis medo ten a xente, é a darse dous bicos.
É algo malo darse dous bicos? Eu creo que non, e un xesto de formalidade de que te alegras de coñecer a esa persoa. Ainda que despois nunca xamais volvas a falar con ela, da igual. Eu falo por min, que son do xénero masculino; cando me presentan a unha rapaza, gústame darlle dous bicos, e non por iso xa quero ligar con ela. Ainda que moitos non me crean, hai máis cousas na vida que ligar. Eu doulle dous bicos sen compromiso ningún. Se despois surxe algo, pois ben. Pero un non pode pretender ligar con todas as rapazas que coñece, porque iso non é ético.
Despois desta mínima reflexión, a xente que pense o que queira, este é o meu blog, o que queira opinar que opine.
martes, 29 de julio de 2014
INSOSTIBLE
O plan non que está algunha xente detestable, chamémoslle políticos, ultimamente, non pode seguir así. Porque non é posible que día tras día, aparezan novos casos de corrupción. Porque o que isto conleva, é que cada vez o número de pobres aumentará, e seremos máis pobres, e os ricos serán só uns poucos, pero terano todo.
Para que despois digan que queren igualdade e todo iso. A xente que está no poder, ten que saber mirar por todos, e non só por el/ela mesm@. Pero o resto do país somos o suficientemente cobardes como para non facer unha revolta, e iso é precisamente o que queres os políticos.
Pero as cousas volverán á normalidade, e senon tempo ao tempo.
domingo, 20 de julio de 2014
AS COUSAS SON ASÍ
As cousas sempre pasan por algo, ou alguén, nunca soas, e temos que vivir co que a vida nos dá, porque, ao fin e ao cabo, é o que nos tocou e non queda outra.
E haberá algún valente que se revelará e queira cambiar o rumbo, pero ao final todo volverá a ser coma antes. Non podemos cambiar o futuro, ou polo menos, non deberiamos. Se facemos algo mal, temos que saber como remedialo, e non desmontar todo como se iso non pasase. É lei de vida, non queda outra. Como di o dito: "Hai que roelo".
jueves, 10 de julio de 2014
XA NADA AFECTA
Despois de tantos anos, 16 e medio en concreto, xa vin moitas cousas nesta vida, e o que é preocupante, é que vin moitos máis rexeitamentos ca aceptacións, e iso, non é normal, polo menos dende o meu punto de vista.
Na miña de momento curta vida, fun rexeitado, eu penso, máis do que debería. E si, todo o mundo é libre de facer, pensar e actuar como queira, pero eu só pido un pouco de compresión.
Porque o mundo é tan superficial? E si, eu tamén o son, pero eu penso que é todo culpa desta sociedade, e dos valores que nos inculca. Quero pensar que todo isto é un erro e que deberiamos cambiar, pero iso levaría tantos anos que os meus ollos non chegarían a velo.
martes, 1 de julio de 2014
MARABILLOSA INFANCIA
A infancia. Esa bonita época na que as únicas preocupacións son medrar, facer os deberes para as clases, e xogar cos amigos.
Pero xa a estas idades comeza a haber diferenzas entre homes e mulleres:
Os homes pasamos das mulleres e só queremos xogar ao fútbol e ao escondite.
Sen embargo, as mulleres, xa dende pequenas queren un mozo, e non sei porque, ou é para fardar ou non o entendo, porque sendo simplemente nenos e nenas iso é unha complicación.
Pero a onde quería chegar, é que cando un home lle gusta a unha rapaza sendo pequenos, ainda que o enamoramento non perdure, sempre queda algo aí, ou iso penso eu.
E digo isto, porque fai un par de días atrás, me dixeron que fai non sei cantos anos, eu lle gustaba a esa rapaza, e ainda que agora non estea namorada de min, pois que lle sigo parecendo guapo, ou polo menos igual de riquiño que antes (seino, isto eu tampouco o entendo).
Asique nunca se pode perder a esperanza, porque ninguén é inalcanzable, dentro do noso entorno, e ninguén pode dicir nunca, porque despois arrepíntense de habelo dito.
martes, 24 de junio de 2014
VERÁN
Neste comezo de verán, o cal non o parece por mor da choiva, non hai grandes cambios na miña, vida.
Agora veñen as festas da alegría, así chamadas por que son xusto despois dos exames, ainda que este ano se retrasaron un pouco e son unha merda, coma todos os anos, pero un pouco máis, porque en 4 días hai 2 orquestras e pouco máis. E digo eu, onde se meten os 90.000€ de presuposto que hai?? Porque as dúas orquestras non levan nin 20.000€ e o resto...
Pode ser que se metan en alumado, que cada ano hai máis, e total, o único que fai e alumar como o resto das farolas, só que con colorinchos. Pero dudo moito que se gasten 70.000€ en alumado.
O importante é pasalo ben cos amigos e amigas, que estando con quen un quere pouco importa o que haxa ou deixe de haber, porque ao final é o que temos. Témonos uns aos outro e iso é o importante.
viernes, 13 de junio de 2014
BERROS...
Nesta casa, durante estes últimos días, do que máis se fai é berrar, e non entendo porque, parece que estamos xordos ou algo.
Que ao señor da casa se lle crucen os cables porque as cousas lle van mal, e se enfurruñe, e a cabeza lle deixe de razonar, con 47 anos, eu penso que non é normal, pero o que eu pense tampouco é tan importante.
Está miña irmá, que ultimamente chora por moitas cousas, e non sei por que é a verdade, está demasiado sensible. Ela saberá o que fai e o que ten que facer.
A señora da casa, pois pensa que todo o fai ben ainda que despois leve un canto nos dentes, e, ainda así, sempre ten que ter o "AS" para matar o "TRES".
E despois estou eu, farto de escoitar berros, e que ás veces incluso dá gaña de marchar da casa ata que se calmen os ánimos. E xa sei que fago moitas cousas mal, e que non son a metade de perfecto nin moito menos; pero eu só quero ter unha vida tranquila e levadeira. É tanto pedir??
sábado, 7 de junio de 2014
ENVIDIA
Moitos e moitas, trátanme de pederasta, asalta cunas, e demais sinónimos, porque miro case máis polas rapazas pequenas que polas grandes. E as rapazas da miña idade vólvense tolas comigo e chámanme todo iso. Pero despois está a típica que di; "Eu non me lío con un máis pequeno que min". E todo polo estereotipo de que o home ten que ser máis grande que a muller. O que ten que ser para que unha parexa quede ben, é el máis alto que ela, ainda que iso tamén é outro estereotipo. E por iso os homes miramos polas que veñen atrás, de falamos das que van ser guapas de maiores e cales non, e só por iso xa nos xuzgan.
Pero cando son elas as que van a por un de 20 anos, tendo 15, non pasa nada, e iso rebéntame as pelotas, e moitos estarán de acordo comigo, e haberá quen non o estea; iso chámase división de opinións, pero esta é a miña, e teño dereito a dicila.
PD: unha cousa é o que diga e outra o que faga!! Aí o deixo.
domingo, 1 de junio de 2014
INDECISIÓNS DA VIDA
Supoño que vos terá pasado, iso de non saber que facer da vosa vida a nivel xeral; tanto en estudios, como en amizades, como en amoríos...
Todo é un descontrol, e podes pensar que se fas iso pode estar ben, pero podes facelo e que che saia mal, e iso é o que realmente me asusta.
E si, a min asústanme moitas cousas, ainda que a bicho non me gaña ninguén, pero iso é defecto de fabricación. As queixas que teñades sobre min, pedídellas a meus pais. Que bah, eu son como son, e avergónzome de cousas que fixen, que fago, e que farei, pero son humano, e iso é normal.
domingo, 25 de mayo de 2014
COMIDAS
O día que hai festa nunha casa, só é bo para os que veñen de fóra, porque os anfitrións, a parte de preparar a comida poñer a mesa, etc., pasan a semana anterior limpando dentro e fóra da casa, eu empezo a crer que o día da festa é unha mera excusa para limpar, porque se limpan cousas que non se limpan noutras ocasións, desmóntanse as lámpadas todas, cacho a cacho, e deixase todo empatenado.
E cando chega o día, ponse a mesa, prepárase a comida, recíbese aos invitados, cómese, e despois vén case o peor, que é limpar todo e gardar toda a vaixela no seu sitio; porque, os pratos que se poñen o día da festa non se poñen en ningún outro día do ano. Na miña casa xa se lle chaman os pratos do día da festa, e de seguro que noutras moitas casas tamén o fan.
domingo, 18 de mayo de 2014
NON SON QUEN DIGO SER
Ultimamente, estanme a xuzgar por como, supostamente, me comporto coas mulleres.
A esta xente eu só lle quero dicir, que unha cousa é estar falando cos colegas, e outra, o que un realmente pensa para si. O cambio poder ser moi drástico, e por iso dou esa imaxe enganada de min. Eu intento comportarme o mellor posibles cas rapazas/mulleres, porque ao fin e ao cabo, sen elas non seriamos nada, e iso os homes temos que recoñecelo. No mundo ten que haber de todo, e só pido que a xente me comprenda.
domingo, 11 de mayo de 2014
CRÓNICA DUNHA FESTA DEPRESIVA
Onte comezou a tempada de festas 2014, en Cora, unha festaza, París de Noia e Ciclón. Había bastante xente, máis novos, máis vellos... Algo de todo
Foi todo bastante ben, ata o momento no que un se cansa de que anden a picar nel, sempre o típico bocazas, e entón véñenche á cabeza todos os malos rollos polos que estás pasando, e un quédase en plan depresivo. Nada lle fai gracia, mirada perdida, sen atender aos comentarios do resto...
A cousa non mellora nin ten traza. Houbo varias persoas que me dixeron que aquí contaba as cousas demasiado drásticas e esaxeradas, pero é a maneira de como eu as vexo, e é a miña opinión sobre as cousas.
miércoles, 7 de mayo de 2014
NON DESCULPEN AS MOLESTIAS
Hai xente que está molesta por certas cousas que puxen neste blog, e sentindoo moito non podo pedir desculpas.
O que eu poño neste blog é a verdade, e o que non queira crelo que non entre, e si póñome moi borde cando me taladran a cabeza con estas cousas.
O que estea molesto con isto, non é cousa miña, os feitos están ahí.
jueves, 24 de abril de 2014
COLLENDO O RITMO
Despois dunha curta semana santa, esta semana os meus compañeiros van de excursión de fin de curso a Salou, e na clase só quedamos 3, máis outros 3 da clase do lado. Polo tanto non é que fagamos moita cousa, só traballamos en matemáticas, e para iso non facemos gran cousa.
Pero está ben por que así non empezamos todo de golpe, e para a semana xa empezaremos co forte, incluindo exames, porque ainda que pareza mentira estamos case en maio, e xa queda pouco para fin de curso, 2 meses excasos, para que todo isto acabe, e poidamos abandonar todo, durante uns meses polo menos. Que boa falta nos fai a todos, e volver a esas festas de verán, cos amigos, sen que nada importe. Vaia recordos...
miércoles, 23 de abril de 2014
PENSAMENTOS PROFUNDOS
Estame a pasar algo estes días, que non podo catalogar de extraño, por que xa me ten pasado máis veces, pero cada vez é algo máis forte.
E todo comeza por non poder estar coa persoa que un desexa, e o peor é que ainda non coñezo esa rapaza, que eu sepa de momento. Si, hai alguén que se asemella moito, pero poderíase dicir que non somos correspondidos. E chega un momento non que un xa non pode máis, e necesita un abrazo, e non precisamente un abrazo de amizade, se non un abrazo de cariño. Pero se non é da persoa adeucada, para que...
domingo, 20 de abril de 2014
IRMÁS...
Esas pelexas entre irmás, que as hai sempre, por que quen ten un irmán ou unha irmá, e nunca tivo unha pelexa, non é normal.
Pero a veces as cousas pasan de castaño a oscuro, e aí si que xa hai problemas graves. Porque cando se está ao límite de chegar ao tema de discutir fisicamente, é dicir, pelexar pero de verdade, todo se complica.
E todo empeza por que un di que o outro non traballa, cando este leva toda unha semana sen facer nada, e o outro vaise queimando, e ao final estoupa e sóltalle todo na cara, e cando se dá a volta para marchar, o outro vai atrás del xa ca man preparada, e en propia defensa, acabanse magoando os dous, e o que peor acaba é a maior, porque non da co pequeno.
E o peor non é iso, senon o que vén despois;
Non falar, pasar de todo, non levalo ás festas...
En fin, unha infinidade de cousas que acaban sendo unha merda.
jueves, 10 de abril de 2014
AMIZADES
Levo dúas semanas, que case parece que non teño amigos, e non por que eles me deixaran de lado, senon por que eu os deixei a eles.
E vós podédesvos preguntar por que o fago, e eu teño as miñas razóns, que eles non comprenden, pero que xa me da igual. O peor, é que foi porque mentres eu estiven de viaxe, se xuntaron con xente ca que antes se levaban a matar, pero hai algo peor ainda, xuntáronse con eles porque consiguen marihuana, e eu por aí xa non paso, por que non é que eu sexa unha persoa sana, por que nas festas bebo como o que máis, pero o tabaco non me gusta, e os porros moito menos.
Se a cousa acabara aí, non sería tan grabe, ainda que xusto fai dúas, cando eu estaba en Eslovaquia, pasáronse da raia coa cantidade, e tamén había máis cousas que marihuana de por medio.
Eles non entenden por que me enfadei, pero eu creo que o meu enfado é xusto. E verdadeiramente pensei en deixar de levarme con eles se non cambian, pero a ver que pasa o tempo
domingo, 30 de marzo de 2014
ESLOVAQUIA
Pois como xa dixera, a dende o sábado pasado ata o venres estiven de viaxe por Europa adiante, concretamente en Viena, Bratislava e nun pequeno pero acolledor pobo de Eslovaquia, Svidnik.
Foi unha semana chea de cousas boas e de cousas malas, porque ao ser só 4 os alumnos que ibamos, falamos de moitas cousas, e daste conta de moitas desas cousas non son como ti pensas, e os teus amigos cóntanche o que fixeron nesta semana, a min non me mola nada nos rollos que se andan a meter, pero eles non entran en razón.
Pero Viena moi bonita, chea de monumentos, catedrais, a casa da ópera, a cara de Mozart por todolos lados, e Bratislva co seu castelo alá nas alturas, que dende logo xa tiveron ganas de facelo, porque pequeno non é!! E Svidnik, é un pobo pequeno, pero que estivo moi afectado polas distintas guerras e hai tanques polas fincas adiante, e tamén hai moitos cemiterios, dos soldados. Pero é un pobo no que a xente é moi humilde, iso sobre todo, e tratan ben a todo o mundo, dende logo non teño ningunha queixa.
Agora o malo é que toca volver á normalidade, e facer todos os traballos atrasados, pero xa está aí a Semana Santa e xa terei tempo de facelos!!;)
Aí vos deixo un par de fotos dos distintos edificios e monumentos que vin! Espero que vos gusten:
jueves, 20 de marzo de 2014
EXAMES
Pois estes días estiven bastante liado cos exames, xa que o sábado marcho para Eslovaquia, e tivéronmos que adiantar todos, pero ao final aprobarei e suspenderei as de de sempre.
Historia, galego e castelán sempre serán as pendentes, e todo por culpa da literatura, por que non hai quen a entenda, e eu, claramente, estou entre eles. Porque realmente non entendo para que serve, por que a min sinceramente non me axuda nadiña, eu prefiro a gramática, que todo máis mecánico e resultame moito máis fácil. Tan fácil coma educación física, porque é práctica.
E volvendo ao do viaxe a Eslovaquia, vou alá cun proxecto, e vou cunha compañía case inmellorable, por que a parte dos dous profesores que van, vou con outras tres rapazas encantadoras, coas que me levo moi ben, e despois desta viaxe seguro que moito mellor. Porque non hai nada como as excursións como para facer boas migas.
E si, alá vai facer máis frío, pero tamén aquí vai volver a choiva, asique, non vai haber moito cambio. Cando volva ensinareivos fotos de todo o que vin por alá, xa que polo que vin hai bastantes monumentos, e moi bonitos.
Deica a volta.
PD: a ver se non desaparece o avión como lle pasou ao de Malasia
Historia, galego e castelán sempre serán as pendentes, e todo por culpa da literatura, por que non hai quen a entenda, e eu, claramente, estou entre eles. Porque realmente non entendo para que serve, por que a min sinceramente non me axuda nadiña, eu prefiro a gramática, que todo máis mecánico e resultame moito máis fácil. Tan fácil coma educación física, porque é práctica.
E volvendo ao do viaxe a Eslovaquia, vou alá cun proxecto, e vou cunha compañía case inmellorable, por que a parte dos dous profesores que van, vou con outras tres rapazas encantadoras, coas que me levo moi ben, e despois desta viaxe seguro que moito mellor. Porque non hai nada como as excursións como para facer boas migas.
E si, alá vai facer máis frío, pero tamén aquí vai volver a choiva, asique, non vai haber moito cambio. Cando volva ensinareivos fotos de todo o que vin por alá, xa que polo que vin hai bastantes monumentos, e moi bonitos.
Deica a volta.
PD: a ver se non desaparece o avión como lle pasou ao de Malasia
lunes, 10 de marzo de 2014
ESES AMIGOS...
Hoxe vou falar, deses amigos da infancia, que co tempo e ca madurez, ainda que algúns maduran máis que outros, van cambiando, e algunhas veces non para mellor, que eso é o malo.
Pero se hai un gran problema, son as mulleres, que no noso grupo temos un trato:
-Cando un de nós quere algo dunha rapaza o resto afastámonos dela, máis que nada por ter certo respecto entre nós.
Pois ben, hai en concreto un amigo, que rompeu a regra, e ultimamente está a facer cousas que non teñen sentido, e a contar mentiras, que non entendemos porque o fai, porque con esas mentiras o único que fai é conseguir que nos afastemos del, porque non nos gusta o que fai, e parécenos case unha falta de respecto.
Porque aos amigos hainos que valorar, e terlle cariño, afecto e respecto cara a súa persoa, porque ante todos somos iso, persoas, que é o primeiro que hai que ser nesta vida para optar a cousas con dignidade!
martes, 4 de marzo de 2014
ENTROIDO
Nesta semán de entroido, hai que disfrutar, por que está chea de festas, de amizade, de amor, etc.
Un exemplo clarísimo estivo na festa de onte:
Todo empezou como unha noite normal de festa, coa excepción dos disfraces, uns máis traballados que outros, pero máis ou menos todos valían ben. Pero nisto que empezas a beber un pouquiño, e vaste entoando, pero estás bastante ben, e empezas a facer xogos como o de pasar o xeo, que quen diría que podía acabar mal, por que recoñezámolo, ter moza a estas idades é moi bonito, un amor adolescente, o que todos queremos, pero chegan as festas, e ter parella neses casos non é bo, porque volvendo ao de pasar o xeo, a medida de pasalo varias veces, foise derretindo, e xusto o único colega que ten moza, foise liar cunha, que dende logo non está nada mal. E xusto despois diso, comezas a pensar non que fixo, e el arrepíntese, e entón cóntallo á moza, e ao principio rexeitao, pero despois ela foi correndo a onda el e perdoouno, por que esa parella si que é amor.
Pero despois, cando xa estaba todo máis ou menos arreglado, viñeron as borracheras, que por parte dunha foi algo maior, e non se daba levantado, en fin, un marrón enorme, pero o único que nos quedaba por probar era provocarlle o vómito. Despois de potar comezou a ter moito frío, e tremía demasiado, e tivo que marchar para a casa e agora gracias a deus está ben.
Ainda bue que eu polo menos, despois de pasar esas dúas agonías, paseino xenial, cos amigos e ca xente que aprecio, porque iso é o importante das festas, pasalo ben, e foi para o que foron creadas
Vai dedicado a ti M.B.V.
miércoles, 26 de febrero de 2014
TARDES...
Nunca vos pasou, iso de estar nun momento emocionalmente valeiro?
non valeiro, por que tes sentimentos, pero estar deprimido, amargado. Pensas en por que non chega a desexada, e que che alegre a vida, pero canto máis terei que esperar?
Ao mellor xa está aí pero non me dei conta, e se si me dei conta, porque os sentimentos non son tan fortes como anteriormente? Como aquela vez que estiven namorado, que o único que desexaba era vela, e abrazala, e neste momento, necesito un abrazo, pero non sei nin de quen. Só sei quen non quero que mo dea, pero hai moita máis xente da que quero un, pero non sei se estará disposta a darmo, e coma con todo, é o medo o provoca isto, o medo a ser rexeitado, e o peor de cando estás así, e escoitar música lenta, música que non expresa a tristeza, pero é o que che apetece escoitar, e, en fin, xa non se sabe que facer.
É o único que te "divirte" é xogar ao Pou. Si, increíble pero certo, a soidade é malérrima, asique se podedes estar emparellados, ainda que a estas idades sexa difícil, polo menos tende alguén no que apoiarvos, por que é unha gran axuda!
E dívolo alguén que ten experiencia nisto, e podedes pensar que eu entendo de todo, e que vou de listo, pero a vida está para aprender!
domingo, 23 de febrero de 2014
TARDES DE DOMINGO
A vos non vos pasa, que un domingo non tendes nada que facer, e pensades en calquera cousa?
Pensades no mozo, na moza, no rapaz ou rapaza que vos gusta, no traballo que tendes que entregar pero que dis que xa o farás, no exame de mañá...
E si, pensas todo iso, pero non fas nada, por que é mellor estar aburrido no ordenador, ou non tan aburrido, depende do que haxa en youtube, ou no tuenti, e no facebook, e en twitter, e en ask e nas tropecentas mil redes sociais, que pode haber. E a xente o único do que fala é do parón de onte de Whatsapp.
Pero esta é a sociedade na que estamos criados, e non vai a mellor, iso de momento penso que está claro, e ainda quedan un par de anos para pensar o contrario. E mentres temos que tirar para diante, non queda outra. Ser fortes e que non nos importen as críticas que digan sobre nós por aí.
E volvendo ao principio, hai moitas cousas que facer, pero bue, xa se farán soas!
miércoles, 19 de febrero de 2014
lunes, 17 de febrero de 2014
SENTIRSE UN MONICREQUE
Só me pasa a min iso de sentirse o único que fai algo de proveito na casa?
Porque este fin de semán a verdade sentinme así e xa non o podo reprimir máis, porque o venres, nada máis chegar do instituto, e despois de estar miña irmá na casa, a cal ten 20 anos, tiven que mollarme eu para ir meter as ovellas, porque ela, non se acordara...
En fin, a vida é así, que se lle vai facer, pero e que onte, mentres meus pais tomaban café, eu estaba á choiva recollendo a herba, e facendo as tarefas da casa, e é cando non sabes como sentirte. Unha mezcla, entre frustrado, e impotente, porque claro, como eres o pequeno da casa, non podes recriminar nada.
Pero despois queremos igualdade e todas esas caralladas, e todo isto non é máis que unha farsa, como a película de "El show de Truman", que se non a vistes recoméndobola.
Espero que esta semana sexa mellor e sobre todo, que teña ese final feliz que estou agardando. Hai exames, si, pero iso é lei de vida, e malo será que non aprobe, que non son tan difíciles.
jueves, 13 de febrero de 2014
XUZGAN POR TODO
Hoxe en día, hai que ter cara de neno pequeno, abdominais, ou máis ben oblicuos, ter un pendente, e polo visto tamén fumar porros, para ser popular. E os que non temos nada diso, pois aí estamos, intentando ser mellores persoas cada día, convivindo con nós mesmos, tal e como somos. Pero se somos así, é por que alguén o quixo, ou porque realmente non nos importa o que realmente opinen de nós o resto da xente.
Que pasa? Que por ter algo de barriga, non fumar, e non ter pendentes imos acabar sós? Dubidoo moito, como di o dito; "Sempre hai un roto para un descosido". E si, ténseme pasado pola cabeza iso de porque rexeitaría a esa rapaza, que me quería, pero pode ser porque ela non é a adecuada, e probablemente sexa certo.
Non nós pode dar medo acabar sós, porque é unha probabilidade moi pequena, e dá igual o que digan, que así non vou a ningún lado, porque eu son como son, a quen lle guste ben, e a quen non, non ten a obligación de estar ao meu lado. Esa persoa, a desexada, por chamarlle algo, está aí, e algún día atoparémola, ou ao mellor xa a atopamos, pero aínda non nos demos conta.
Pero a resposta a case todo, é o tempo. Os anos teñen que pasar, que con eles unha chea de acontecementos, uns bos, outros malos... Pero así é o transcurso da vida. A cada un tocounos unha, e temos que estar felices con ela, por que alguén quere que así sexa.
Non agobiarse, algún día chegará!
CLASES DE INSTITUTO
Estas horas, nas que nada fas, xa que son de informática. Ben, si, algo traballas, pero cande se é repetidor e sabes facer os traballos acabas, pronto, e abúrreste, e non fas máis traballos porque total levas a mesma ca os que non fan nin a metade dos traballos, e a realidade é así de dura e difícil.
Sentirse coma o alumno incomprendido, para min, sería moi normal, xa que eu síntome así. E xa sei que non son o mellor da clase, nin moito menos, que hai xente que ten moita máis idea que min de informática, pero un intenta facelo o mellor posible, non coma @ que di que o intenta, e bota toda a hora vendo videos en Youtube do seu cantante preferido/ídolo/pobre rapaz que está sendo acosado.
Pero se un se mete, é o malo da película, que é un acusón, e que se meta cada un no seu. E por iso non fago máis traballos, simplemente escoito música coa que relaxarme e lle conto ao mundo isto, porque no fondo é unha maneira de liberar sentimentos, bastante eficaz por certo.
PD: esa persoa leva a mesma nota, coa metade dos traballos feitos ca min
domingo, 9 de febrero de 2014
SABADOS DOS QUE NADA RECORDAS
Pois si, onte foi un gran día, ou non, xa non sei como catalogalo, ainda que o que importa é a compañía.
Para comezar fomos ver un festival de curtas de terror, e que unha delas estaba feita por uns amigos meus, os mellores sen dúbida, ainda que a súa curta era máis ben de humor. Pero abofé que non estivo nada mal.
Logo fumos de cea, a un bar propiedade de xente nova, e para xente nova, e a cea estivo moi ben, polo menos ata o momento dos chupitos. Hai eses chupitos... O licor café e a crema de Oruxo dende logo boísimas, pero o efecto de perder a conta dos chupitos e algo fatal. Ao principio son todo risas: estás en boa compañía, nun lugar óptimo, nada está mal. Logo sales do bar, dar unha volta por aí, e xa non sabes nin como das andado, porque xa non eres dono de ti, e contrólaste tan pouco que ata vas contra os teus principios, esa norma que xuraches por todos, rómpela.
E logo vas a sitios que nin recordas, e ves amigos e amigas, sobre todo amigas, e a esa amiga coa que compartes todo, éntraslle, e cando che di que non, recordas que sodes demasiado amigos como para liarvos. E o máis impresionante, e que coa chea de cús que toquei non me deran de ostias, por que cús toquei abondo, de distinto sexo incluso.
E logo a peor parte, cando túa nai vén por ti, que en canto subes ao coche xa sabe perfectamente o estado no que estás, e non che fala durante todo o camiño. De súpeto, levántaste, e pensas para ti como chegaches ata a cama, e ves o whatsapp, e ves que escribiches cousas das que nin te acordas, cousas bastante fortes. E na boca ainda tes o sabor do licor café, que nin con chicles o das sacado, e intentas recordar cousas, e pregúntaslle aos amigos que pasou, que fixeches, e non recordas nada, pero de erros tamén se aprende non?
O importante é non ter feito ningunha barbaridade enorme e xa está, que todo quede nunha noite de desfase e que para a próxima non se repita, ou polo menos non desa maneira.
E outra cousa importante, son os amigos, que coidan de ti neses momentos, e que sen eles a saber onde podias ter acabado.
Quéreselle ben a todos.
domingo, 2 de febrero de 2014
DUROS INVERNOS
Instituto, deberes, exames, agobio, impotencia, tristeza....
Amigos, abrazos para entrar en calor, bebida, amigos, amigos e máis amigos
Se algo ten de bo o inverno, é que ves aos compañeiros, tardes encerrados nos bares, tomando unha e outra copa, para escapar do frío, e... cando estás só na casa, sen todo iso, e te sintes só, sintes que extrañas a quen nunca pensaches que ías extrañar, é unha sensación, non nova, pero si.... como dicilo, non hai palabras, botas de menos a esa persoa, que así, sen máis nin menos, é especial para ti, e non intentes buscarlle explicación, por que non a ten, iso pasa porque ten que pasar, porque alguén o desexa, e a ti non che desagrada nadiña, iso en absoluto, pero pensas que se llo dis che pode dicir que non, e entón fundiraste coma o xeo no medio do lume, e avegoñaraste tanto, que cho costará volvela mirar aos ollos. Pero se di que si, notas o que lle chaman "bolboretas no estómago", que non son gases, OLLO!!
Pero sínteste ben, e iso só o pode dicir quen o experimentou, e podería dicir que me sinto afortunado porque eu o vivín.
miércoles, 15 de enero de 2014
UNHA MERDA DE ADOLESCENCIA
A adolescencia, unha idade moi irónica, che de cambios, sen dúbida, uns bos e outros malos, e é increible o moito que pode chegar unha persoa, non só non tema de madurar, ainda que outros seguen coma nenos de 3 anos, pero si no tema de cambio de aires, cambio de colexio ao instituto, novos amigos... En fin, unha chea de cambios que van encamiñando a nosa vida. Pero hai un cambio, que eu penso que é o maior de todos, que é namorarse de alguén; e namorarse non é dicir : "Mira que boa está esa, eu dáballe". Non, namorarse é algo moi serio, que ás veces ata doe, pero que é unha marabilla se te namoras da persoa adecuada. E se ti pensas que esa é o rapaz ou a rapaza adecuada para ti, pero el/ela non pensa o mesmo, non fai falla facer loucuras como fan moitos, nin poñer os típicos estados do tuenti, por eses paos que recibes son para aprender, e non cometer os posibles erros que teñas cometidos anteriormente, ainda que ti penses que está todo correctamente feito, por que co tempo daste conta de moitas cousas, da xente que merece a pena e da que non, de quen te apoia e quen pasa de ti coma da puta merda. Pero a vida é así, e mándache retos constantemente, simplemente para aprender, porque ao que estamos destinados nesta vida, aprender.
E así e un dos procesos da adolescencia, sen dúbida unha etapa que nos marca para o resto na vida, que nos deixa vos e malos recordos, e sempre se hai que quedar preferiblemente cos bos, ainda que de vez en cando hai que pensar nos malos, e recordar, e pensar como puideches haber feito aquilo, ainda que agora xa non teña remedio, ou a mellor si!
COMEZAMOS ESTA VIAXE
Pois, para iniciar este blog, direivos os temas que trataremos, e como ben di o nome, serán cousas da vida cotiá, pero, ou que ninguén as conta, ou que ninguén sabe que están aí, que nunca nos propuxemos buscar iso, que agora tanta morriña lle temos. E iso é todo o que se tratará aquí, o que sucede na miña vida persoal, e que ao mellor vós, vos sentides identificados ou vos pasan cousas moi parecidas.
Os temas serán moi diversos, dende amor, pasando por saír de festa e borracheiras, ata política e cousas coas que nos sentimos indignados, neste pobo que non nos comprende.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)