martes, 28 de octubre de 2014
PARASITO SOCIAL
Xa levo un mes, no que a miña vida social cambiou drasticamente a como era o ano pasado.
O principal problema, penso eu que é o horario, xa que entro ás 15:00 e saio ás 21:30. E como o resto da xente ten clase pola mañá, e eu pola tarde, fai imposible que poidamos quedar durante a semana, nin ir de cañas os venres, nin nada. O único que nos queda son os fins de semán, que os aproveitamos todo o que podemos para falar do acontecido durante a semana.
Dos novos compañeiros en Santiago non teño queixa, polo menos de nove, dos quince que somos na clase. Xa estamos separados en dous grupos, e no que estou eu todos opinamos o mesmo sobre o resto, asique penso que somos un grupo que podemos funcionar ben.
En canto poida, contareivos máis cousas.
miércoles, 15 de octubre de 2014
IBIZA
A marabillosa paisaxe mediterránea das illas Baleares. Algo que nunca vira, pero que espero volver e disfrutar do entorno.
E a parte, o mellor da viaxe foi a compaña, xa que o grupo de baile, instrumental e pandereteiras, somos todos un, e cando estamos todos xuntos non hai nada mellor; tanto dentro coma fóra do escenario.
Por outro lado, está o cambio de clima, alí en toda a estancia, non baixamos dos 20 graos, e auga do mar está, comparada coa de aquí, coma o caldo. É un auténtico paraiso.
Pero se hai algo alí, que se podería dicir que é o peor de todo, son os prezos, xa que algunhas cousas chegan a rebasar o triplo do que custan aquí, pero por iso é un lugar para ir de vacación e non para vivir alí; porque para alguén coma min, aquilo é unha ruino.
Ao fin e ao cabo, foi unha boa viaxe, que espero repetir da man dos mellores, porque son todos moi GRANDES!!
martes, 7 de octubre de 2014
ILUSIÓNS
Por petición propia dun anónimo na rede social Ask, hoxe escribirei do meu soño, que espero que o poida cumprir.
Como algúns ben saben, son rally aficionado, e que alguén vaia aos rallys, non significa que vaia só polos coches. Porque nesas competicións sempre hai un bo ambiente, e todos os que asistimos imos polo mesmo motivo: pasar un bo momento, en boa compañía, mentres de desfruta da velocidade, trompos, e desgraciadamente volcos, dos coches.
E o meu soño, como o de outra moita xente, é algún día poder estar aí no medio, competindo. Pero este deporte ten algo moi negativo, e é que o seu custo está ao alcance de poucos. Por iso a maioría dos corredores, ou teñen grandes empresas de construcción, ou teñen talleres.
Pero bueno, soñar e libre, non?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)