miércoles, 26 de febrero de 2014

TARDES...


Nunca vos pasou, iso de estar nun momento emocionalmente valeiro?
non valeiro, por que tes sentimentos, pero estar deprimido, amargado. Pensas en por que non chega a desexada, e que che alegre a vida, pero canto máis terei que esperar?

Ao mellor xa está aí pero non me dei conta, e se si me dei conta, porque os sentimentos non son tan fortes como anteriormente? Como aquela vez que estiven namorado, que o único que desexaba era vela, e abrazala, e neste momento, necesito un abrazo, pero non sei nin de quen. Só sei quen non quero que mo dea, pero hai moita máis xente da que quero un, pero non sei se estará disposta a darmo, e coma con todo, é o medo o provoca isto, o medo a ser rexeitado, e o peor de cando estás así, e escoitar música lenta, música que non expresa a tristeza, pero é o que che apetece escoitar, e, en fin, xa non se sabe que facer.

É o único que te "divirte" é xogar ao Pou. Si, increíble pero certo, a soidade é malérrima, asique se podedes estar emparellados, ainda que a estas idades sexa difícil, polo menos tende alguén no que apoiarvos, por que é unha gran axuda!

E dívolo alguén que ten experiencia nisto, e podedes pensar que eu entendo de todo, e que vou de listo, pero a vida está para aprender!

domingo, 23 de febrero de 2014

TARDES DE DOMINGO


A vos non vos pasa, que un domingo non tendes nada que facer, e pensades en calquera cousa?

Pensades no mozo, na moza, no rapaz ou rapaza que vos gusta, no traballo que tendes que entregar pero que dis que xa o farás, no exame de mañá...

E si, pensas todo iso, pero non fas nada, por que é mellor estar aburrido no ordenador, ou non tan aburrido, depende do que haxa en youtube, ou no tuenti, e no facebook, e en twitter, e en ask e nas tropecentas mil redes sociais, que pode haber. E a xente o único do que fala é do parón de onte de Whatsapp.

Pero esta é a sociedade na que estamos criados, e non vai a mellor, iso de momento penso que está claro, e ainda quedan un par de anos para pensar o contrario. E mentres temos que tirar para diante, non queda outra. Ser fortes e que non nos importen as críticas que digan sobre nós por aí.

E volvendo ao principio, hai moitas cousas que facer, pero bue, xa se farán soas!

lunes, 17 de febrero de 2014

SENTIRSE UN MONICREQUE


Só me pasa a min iso de sentirse o único que fai algo de proveito na casa?

Porque este fin de semán a verdade sentinme así e xa non o podo reprimir máis, porque o venres, nada máis chegar do instituto, e despois de estar miña irmá na casa, a cal ten 20 anos, tiven que mollarme eu para ir meter as ovellas, porque ela, non se acordara...

En fin, a vida é así, que se lle vai facer, pero e que onte, mentres meus pais tomaban café, eu estaba á choiva recollendo a herba, e facendo as tarefas da casa, e é cando non sabes como sentirte. Unha mezcla, entre frustrado, e impotente, porque claro, como eres o pequeno da casa, non podes recriminar nada.

Pero despois queremos igualdade e todas esas caralladas, e todo isto non é máis que unha farsa, como a película de "El show de Truman", que se non a vistes recoméndobola. 

Espero que esta semana sexa mellor e sobre todo, que teña ese final feliz que estou agardando. Hai exames, si, pero iso é lei de vida, e malo será que non aprobe, que non son tan difíciles.

jueves, 13 de febrero de 2014

XUZGAN POR TODO


Hoxe en día, hai que ter cara de neno pequeno, abdominais, ou máis ben oblicuos, ter un pendente, e polo visto tamén fumar porros, para ser popular. E os que non temos nada diso, pois aí estamos, intentando ser mellores persoas cada día, convivindo con nós mesmos, tal e como somos. Pero se somos así, é por que alguén o quixo, ou porque realmente non nos importa o que realmente opinen de nós o resto da xente.

Que pasa? Que por ter algo de barriga, non fumar, e non ter pendentes imos acabar sós? Dubidoo moito, como di o dito; "Sempre hai un roto para un descosido". E si, ténseme pasado pola cabeza iso de porque rexeitaría a esa rapaza, que me quería, pero pode ser porque ela non é a adecuada, e probablemente sexa certo.

Non nós pode dar medo acabar sós, porque é unha probabilidade moi pequena, e dá igual o que digan, que así non vou a ningún lado, porque eu son como son, a quen lle guste ben, e a quen non, non ten a obligación de estar ao meu lado. Esa persoa, a desexada, por chamarlle algo, está aí, e algún día atoparémola, ou ao mellor xa a atopamos, pero aínda non nos demos conta.

Pero a resposta a case todo, é o tempo. Os anos teñen que pasar, que con eles unha chea de acontecementos, uns bos, outros malos... Pero así é o transcurso da vida. A cada un tocounos unha, e temos que estar felices con ela, por que alguén quere que así sexa.

Non agobiarse, algún día chegará!

CLASES DE INSTITUTO



Estas horas, nas que nada fas, xa que son de informática. Ben, si, algo traballas, pero cande se é repetidor e sabes facer os traballos acabas, pronto, e abúrreste, e non fas máis traballos porque total levas a mesma ca os que non fan nin a metade dos traballos, e a realidade é así de dura e difícil.

Sentirse coma o alumno incomprendido, para min, sería moi normal, xa que eu síntome así. E xa sei que non son o mellor da clase, nin moito menos, que hai xente que ten moita máis idea que min de informática, pero un intenta facelo o mellor posible, non coma @ que di que o intenta, e bota toda a hora vendo videos en Youtube do seu cantante preferido/ídolo/pobre rapaz que está sendo acosado.

Pero se un se mete, é o malo da película, que é un acusón, e que se meta cada un no seu. E por iso non fago máis traballos, simplemente escoito música coa que relaxarme e lle conto ao mundo isto, porque no fondo é unha maneira de liberar sentimentos, bastante eficaz por certo.

PD: esa persoa leva a mesma nota, coa metade dos traballos feitos ca min

domingo, 9 de febrero de 2014

SABADOS DOS QUE NADA RECORDAS


Pois si, onte foi un gran día, ou non, xa non sei como catalogalo, ainda que o que importa é a compañía.

Para comezar fomos ver un festival de curtas de terror, e que unha delas estaba feita por uns amigos meus, os mellores sen dúbida, ainda que a súa curta era máis ben de humor. Pero abofé que non estivo nada mal.

Logo fumos de cea, a un bar propiedade de xente nova, e para xente nova, e a cea estivo moi ben, polo menos ata o momento dos chupitos. Hai eses chupitos... O licor café e a crema de Oruxo dende logo boísimas, pero o efecto de perder a conta dos chupitos e algo fatal. Ao principio son todo risas: estás en boa compañía, nun lugar óptimo, nada está mal. Logo sales do bar, dar unha volta por aí, e xa non sabes nin como das andado, porque xa non eres dono de ti, e contrólaste tan pouco que ata vas contra os teus principios, esa norma que xuraches por todos, rómpela.
E logo vas a sitios que nin recordas, e ves amigos e amigas, sobre todo amigas, e a esa amiga coa que compartes todo, éntraslle, e cando che di que non, recordas que sodes demasiado amigos como para liarvos. E o máis impresionante, e que coa chea de cús que toquei non me deran de ostias, por que cús toquei abondo, de distinto sexo incluso.

E logo a peor parte, cando túa nai vén por ti, que en canto subes ao coche xa sabe perfectamente o estado no que estás, e non che fala durante todo o camiño. De súpeto, levántaste, e pensas para ti como chegaches ata a cama, e ves o whatsapp, e ves que escribiches cousas das que nin te acordas, cousas bastante fortes. E na boca ainda tes o sabor do licor café, que nin con chicles o das sacado, e intentas recordar cousas, e pregúntaslle aos amigos que pasou, que fixeches, e non recordas nada, pero de erros tamén se aprende non? 

O importante é non ter feito ningunha barbaridade enorme e xa está, que todo  quede nunha noite de desfase e que para a próxima non se repita, ou polo menos non desa maneira.

E outra cousa importante, son os amigos, que coidan de ti neses momentos, e que sen eles a saber onde podias ter acabado.

Quéreselle ben a todos.

domingo, 2 de febrero de 2014

DUROS INVERNOS



Instituto, deberes, exames, agobio, impotencia, tristeza....
Amigos, abrazos para entrar en calor, bebida, amigos, amigos e máis amigos
Se algo ten de bo o inverno, é que ves aos compañeiros, tardes encerrados nos bares, tomando unha e outra copa, para escapar do frío, e... cando estás só na casa, sen todo iso, e te sintes só, sintes que extrañas a quen nunca pensaches que ías extrañar, é unha sensación, non nova, pero si.... como dicilo, non hai palabras, botas de menos a esa persoa, que así, sen máis nin menos, é especial para ti, e non intentes buscarlle explicación, por que non a ten, iso pasa porque ten que pasar, porque alguén o desexa, e a ti non che desagrada nadiña, iso en absoluto, pero pensas que se llo dis che pode dicir que non, e entón fundiraste coma o xeo no medio do lume, e avegoñaraste tanto, que cho costará volvela mirar aos ollos. Pero se di que si, notas o que lle chaman "bolboretas no estómago", que non son gases, OLLO!!
Pero sínteste ben, e iso só o pode dicir quen o experimentou, e podería dicir que me sinto afortunado porque eu o vivín.