domingo, 25 de mayo de 2014

COMIDAS


  O día que hai festa nunha casa, só é bo para os que veñen de fóra, porque os anfitrións, a parte de preparar a comida poñer a mesa, etc., pasan a semana anterior limpando dentro e fóra da casa, eu empezo a crer que o día da festa é unha mera excusa para limpar, porque se limpan cousas que non se limpan noutras ocasións, desmóntanse as lámpadas todas, cacho a cacho, e deixase todo empatenado.

 E cando chega o día, ponse a mesa, prepárase a comida, recíbese aos invitados, cómese, e despois vén case o peor, que é limpar todo e gardar toda a vaixela no seu sitio; porque, os pratos que se poñen o día da festa non se poñen en ningún outro día do ano. Na miña casa xa se lle chaman os pratos do día da festa, e de seguro que noutras moitas casas tamén o fan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario